22 oct. 2017

ENGLISHBULEBULE

Queremos presentarvos un novo blog do cole, trátase do que creou a profe de inglés para mostrar as actividades e traballos tan fermosos que fai o alumnado na clase de inglés, algúns dos cales comparten cos colexios socios  do Erasmus "CERVO ALÉN DE EUROPA...", do cal formamos parte dende este curso. 
Imos poñer o seu enlace no lado dereito deste blog, xunto co resto de enlaces e recursos. Este é o slogan que figura encima da porta da aula e o que nos vai servir para o enlace:




Nos deixedes de visitalo!!Agardamos que vos guste!!



20 oct. 2017

XORNADA DE PORTAS ABERTAS: FESTA EN BIBLIOCERVO!

O día 9 de outubro foi a inauguración da nosa biblio e aproveitamos para facer unha festa por todo o alto.
Todo o alumnado e o profesorado xuntámonos na biblioteca para saúdar un ano máis, a Puca e darlle a benvida despois das longas vacacións de verán. Ela, que estaba impaciente por ver a todos os lectores e lectoras que hai no noso cole, xa nos avisara desta xornada a través do correo e a verdade é que non nos decepcionou nadiña!!
Tíñanos preparadas un montón de cousas: as mochilas viaxeiras, as mochilas escornabóticas, o pasaporte lector e de cine, os itinerarios lectores...
Explicounos as normas de uso, os horarios, a Hora de Ler... e convidounos a gozar da lectura, en todas as súas formas e a experimentar con todas as linguaxes, facendo especial fincapé no uso da biblioteca como recurso imprescindible co que aprender a pensar.
Recordounos tamén que os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria son os seus AXUDANTES e poderannos aconsellar na busca de recursos sempre que o desexemos.
Tamén aproveitamos esta sesión para organizar os horarios das sesións de FORMACIÓN DE USUARIOS, que este ano decidimos enfocar hacia a Alfabetización Mediática e Informacional, para ensinarlle ao noso alumnado como realizar unha boa tarefa de investigación respectando os dereitos de uso das imaxes e o material que circula pola rede; entre outros aspectos, dependendo da idade do alumnado.
Como broche final a tantas novidades os axudantes de Puca cantáronnos a súa canción, para dala a coñecer aos nenos e nenas de tres aniños, para os que esta experiencia foi toda unha aventura envolta pola maxia dos libros.




AS NOSAS LENDAS ALÉN DE EUROPA

Como todos os anos, de xeito coordinado co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, estamos a desenvolver o traballo documental previo á edición do noso CALENDARIO ANUAL sobre o PDI.
Terémolo rematado antes das vacacións de Nadal para que toda a Comunidade Educativa poda telo antes do comezo do Aninovo. Xa queda pouco así que paciencia, amig@s!
Este ano a temática son as LENDAS ALÉN DE EUROPA e estamos a investigar sobre as Covas do Rei Cintolo, o Apalpador, os Biosbardos, os Trasgos e outros moitos personaxes e contos da nosa TRADICIÓN POPULAR GALEGA, coa finalidade de dala a coñecer ao alumnado dos nosos PAÍSES AMIGOS cos que este ano estamos a colaborar: Rumanía, Portugal, Lituania, Grecia, Polonia e Turquía. Usamos recursos da biblioteca para buscar información e realizar a proposta de actividades que PUCA nos deixou. Entre eles, a páxina de GALICIA ENCANTADA que coordina Antonio Reigosa.




En canto teñamos o calendario rematado subiremos a súa edición dixital, mentres tanto aquí vos deixamos algún recurso que, o equipo de biblio, fomos elaborando para os traballos documentais do alumnado:





18 oct. 2017

ACTIVIDADES DE FORMACIÓN DE USUARIOS

O Equipo de biblioteca está a facer actividades de formación de usuarios para lembrar algunhas normas de uso da biblioteca e dos seus fondos,  para saber onde podemos atopar os libros que nos interesan, como facer un traballo de investigación, que significan as cores e números da CDU...Un montón de cousiñas moi importantes para poder aproveitar ben todos os recursos da biblioteca, que son moitos!
 Como a biblioteca é un lugar para todos, para a diversidade, para a igualdade de oportunidades...temos en conta as necesidades de todo o alumnado e adaptamos materiais de ARASAAC para que eles poidan tamén, recibir esta formación. serva de exemplo estas imaxes dO caderno elaborado con este fin.



A medida que vaiamos tendo máis imaxes, irémolas subindo ao blog

4 oct. 2017

DÍA INTERNACIONAL DAS LINGUAS



O Consello de Europa ven celebrando o 26 de setembro,  dende fai 15 anos,
para concienciar e poñer en valor a riqueza que significa ter  tanta diversidade lingüística e a necesidade de conservala. Aproximadamente, en Europa fálanse máis de duascentas linguas, das cales son oficiais vintecatro. 
Dentro do Proxecto Anual , ao longo da semana do 26 de setembro, realizáronse actividades en colaboración co resto dos países amigos do ERASMUS, como unha vídeo conferencia con Grecia e Turquía por parte do alumnado de 5º e 6º, onde o alumnado participante falou cos compañeiros do ERASMUS. 
Pasárono moi ben, aínda que estaban un chisquiño nerviosos!!


A BIBLIOTECA CONTRIBÚE COA DIVERSIDADE

Como xa ven sendo habitual, a BIBLIOCERVO  e todo o Colexio contribúen coa atención á diversidade de tal xeito que colaboramos coa asociación DEBRA ou  Epidermólisis bullosa, tamén coñecida por Pel de Bolboreta, na decoración do tren que percorreu Burela o pasado 23 de setembro na Carreira ALAS DE VIDA, organizada por esta asociación. 
As nosas nenas e nenos decoraron unhas bolboretas que voaron contentas ese día. Foi unha proposta da ANPA do colexio que tamén colaborou nesta actividade.

Puca, en nome de BIBLIOCERvo, recibíu un fermoso agasallo de agradecemento: Un libro co que se fixo unha foto para ensinárvolo. Tamén vos mostramos un documento informativo sobre esta enfermidade para que a coñezades mellor.
Grazas a todos por participar e colaborar!!

BENVIDOS AO NOVO CURSO 2017-2018



Aínda que non escribimos nada no blog, o Equipo da biblio xa leva un tempiño preparando todo de comezo de curso e non digamos PUCA, que xa nos mandou a carta coa proposta de actividades do mes de setembro e de outubro; así que despois de darvos a benvida ao novo curso escolar, imos xa coas novidades que temos e ler a carta de PUCA, por que ela explícase moi ben!!




Como podedes ver temos un novo proxecto anual que se titula
             “CERVO ALÉN DE EUROPA: UNITED THROUGH CREATIVITY”
Veredes que estamos moi europeos, porque este curso  iniciamos unha nova aventura xa que se nos  concedeu un proxecto ERASMUS + e a biblioteca, como eixe dinamizador do colexio, vai estar moi presente e coordenada coas  actividades do  Erasmus. 
Este é o cartaz do novo proxecto:



Si léstedes con atención a carta de PUCA veredes que a biblioteca abrirá o luns día 9 de outubro. Ese día van iniciar o percorrido as mochilas viaxeiras, levaremos as caixas dos itinerarios lectores para as aulas, os pasaportes de cine, ...e tamén un marcador co logo do proxecto, que é o seguinte:




E este é o cartaz das Bibliotecas Escolares de Galicia para o actual curso, co lema:


APRENDE A PENSAR COA BIBLIOTECA ESCOLAR


 Como podedes ver, imos ter un curso moi , pero que moi movido, así que...

 EMPEZAMOS!!!!