16 ene 2018

CREATING, COMMUNICATING, OUR DIVERSITY WE ARE CELEBRATING!


Aquí temos as nosas compañeiras Belinda, Cristina e Esther, co resto do profesorado dos países amigos do Erasmus + en  Pobiedziska, Polonia. Están nunha viaxe programada dentro do proxecto para facer un seguimento e coordinar as actividades que se realizan  dentro do mesmo.
Os representantes dos países visitantes foron recibidos pola Corporación Municipal e obsequiados cun libro que ilustra a historia do pobo. Mostráronlles unha presentación cos lugares importantes do concello, actividades, deportes, acontecementos , etc. que teñen lugar ao longo do ano.


O martes participaron  nun obradoiro de escritura creativa impartido por Justyna Niebieszczánska, unha filóloga que imparte cursos de potenciación e creatividade, ademais de ser relacións públicas e escritora.

En Gniezno escoitaron as explicacións dunha restauradora sobre a dificultade  da conservación de textos antigos que conseguiron recuperar despois da Segunda Guerra Mundial, pois moitos gardáronse en sotos onde as condicións non eran as axeitadas. A recuperación foi lenta e grazas a que os rusos devolveron algúns... outros perdéronse para sempre!!
Dende aquí mandámoslles moitas apertas, esperamos impacientes a súa volta para que nos conten novas da escola  e dos lugares que visitaron.
Bo regreso a Cervo !!!

No hay comentarios: